Proxección do primeiro capítulo de «Marusía. Vientos de honor» en Marín
O Auditorio de Marín acollerá o 28 de outubro de 2026 a proxección en primicia do primeiro capítulo da serie Marusía. Vientos de honor, unha produción de Mediaset España e Unicorn Content, a produtora de Ana Rosa Quintana. A sesión comezará ás 19:00 horas e contará coa presenza de varias das súas protagonistas e protagonistas.
No elenco participan Lucía Jiménez, Alfonso Bassave, Álex Medina, Paloma Stewart, Carmen de la Vega e Edith Martínez Val. O acto reunirá tamén unha representación do alumnado da Escola Naval Militar, escenario de boa parte da rodaxe, así como representantes da Armada.
O acceso será gratuíto, cun aforo reservado de 250 prazas. Para asistir é necesario inscribirse previamente enviando o nome completo ao correo electrónico auditorio@concellodemarin.es.
