Home Axenda - enPontevedra Exposicións Fin de semana Seres, exposición colectiva en Pontevedra
Seres, exposición colectiva en Pontevedra

Seres, exposición colectiva en Pontevedra

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura a programación do curso 2026/2027 con Seres, unha exposición colectiva que reúne o traballo de seis artistas do Reino Unido, Alemaña, Brasil, Grecia e Zimbabue. A mostra, comisariada polo artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou, explora as entidades imaxinarias que forman parte do noso folclore persoal e os vínculos que establecemos con elas.

Participan Murilo Álvarez, Dominic Beattie, Anna Franke, James Alec Hardy, Deny Párchei e James Wright. A exposición reivindica a arte como unha forma de contacto co inaccesible e presenta obras de escultura, cerámica, pintura, debuxo, instalación, vídeo, performance, arte sonora e escultura dixital, creadas tanto por artistas consolidados como por estudantes da propia facultade.

Seres pode visitarse ata o 1 de decembro de 2026, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas, na Facultade de Belas Artes, Pontevedra. A apertura da exposición está prevista para o 8 de outubro de 2026 ás 11:00 horas.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Facultade de Belas Artes
R. da Maestranza 2, Pontevedra, 36002 Pontevedra

Cando

O 8 de Outubro ás 11:00

Scroll ao inicio