Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Xornadas e Conferencias XV Encontro de Conservación e Restauración: o dourado no patrimonio cultural

XV Encontro de Conservación e Restauración: o dourado no patrimonio cultural

O Museo de Pontevedra organiza o XV Encontro de Conservación e Restauración, dedicado ao dourado no patrimonio cultural. O encontro reunirá profesionais e investigadoras e investigadores de referencia para analizar esta técnica histórica e os retos que presenta a súa preservación, nun programa dirixido ao ámbito da museoloxía e da conservación, así como ao alumnado e ás persoas interesadas no patrimonio cultural.

Ao longo de dúas xornadas abordaranse a historia do dourado, os materiais e procedementos empregados na súa execución e os avances máis recentes no seu estudo, conservación e restauración. O programa prestará atención á súa presenza en retablos, esculturas, pinturas, obxectos arqueolóxicos e elementos arquitectónicos.

O encontro celebrarase de maneira presencial o xoves 19 e o venres 20 de novembro de 2026 no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, en Pontevedra. Está organizado polo Museo de Pontevedra coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. As intervencións gravaranse en vídeo para a súa posterior publicación na web do encontro.

Onde

Edificio Castelao Museo de Pontevedra
Rúa Padre Amoedo Carballo 3, Pontevedra, 36002, Pontevedra

Cando

O 19 de Novembro ás 00:01

Scroll ao inicio