Xornada «Novas Miradas sobre José Suárez» en Pontevedra
O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle o xoves 29 de outubro de 2026 a xornada «Novas Miradas sobre José Suárez», dedicada ao fotógrafo alaricano protagonista do Día das Artes Galegas 2026. O encontro, organizado polo Museo de Pontevedra xunto á Real Academia Galega de Belas Artes e coordinado por Xurxo Lobato, desenvolverase das 16:30 ás 20:30 horas con entrada libre.
A tarde combina catro conferencias co estreno do documental «José Suárez, a mirada humanista», dirixido polo propio Lobato. O programa abre ás 16:30 horas coa presentación, seguida ás 16:45 pola conferencia de Carlos Bernárdez, «O caderno de Bueu de Maruja Mallo e os mariñeiros de José Suárez». Ás 17:15, Menchu Lamas abordará «A imaxe da muller nas fotos de José Suárez» e ás 17:45 Miguel Anxo Seixas falará de «José Suárez e Ruth Matilda Anderson, dous xeitos de ollar Galicia». Ás 18:30 Cristina Echave explicará o proceso de recuperación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico do autor custodiado polo Museo, e ás 19:15 pechará a xornada o estreno do documental.
José Suárez (Allariz, 1902-1974) é un referente do fotodocumentalismo galego de dimensión internacional, cunha obra marcada por unha ollada humanista afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras. Máis información na web do Museo de Pontevedra.
