VI Gala de Verán do Ballet de Galicia en Marín
A VI Gala de Verán do Ballet de Galicia poñerá o punto final ao Summer Intensive, unha residencia artística e curso intensivo de danza clásica e contemporánea desenvolvido nas instalacións do Auditorio de Marín. O espectáculo reunirá os bailaríns e as bailarinas participantes, procedentes de distintos puntos de España e Latinoamérica, e amosará ao público o traballo realizado durante o programa.
A gala ofrecerá unha exposición de todo o aprendido e ensaiado durante esta primeira residencia artística, na que Marín se converte nun espazo de referencia para a creación artística e a formación en danza.
A función celebrarase o 28 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, no Patio de Butacas do Auditorio de Marín. A entrada será gratuíta e libre, aínda que se habilitará un sistema de reserva para facilitar o acceso. As entradas poderán recollerse previamente na Oficina de Turismo do Auditorio, do 25 ao 28 de agosto, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 horas, cun máximo de tres por persoa. Será necesario ocupar os asentos asignados antes das 19:50 horas; despois, liberaranse para o acceso libre por orde de chegada e ata completar o aforo.
