Proxección de «Cardo» e coloquio con Ana Rujas e Claudia Costafreda en Pontevedra
No marco das actividades previas dos Premios Feroz 2027, Pontevedra acolle unha programación audiovisual durante o mes de outubro. A sesión do 31 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, inclúe a proxección da primeira tempada de Cardo e un coloquio aberto ao público coa actriz e cocreadora Ana Rujas e a cocreadora Claudia Costafreda.
A serie narra a historia de María, unha moza a piques de cumprir os 30 anos que, atrapada nunha sensación de baleiro e en relacións tóxicas, tenta retomar o rumbo da súa vida axudando a salvar unha floraría de barrio. Un accidente obrígaa a enfrontarse a verdades incómodas.
A actividade terá lugar na Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra, sede destas sesións mentres continúan as obras de remodelación do Teatro Principal. As entradas son gratuítas e pódense retirar desde o 3 de outubro na oficina de turismo situada na avenida de Montero Ríos.
