Presentación do libro «La niña ha regresado», de Jorge Enrique Herrera Perdomo en Pontevedra
O actor, escritor e cantautor colombiano Jorge Enrique Herrera Perdomo presenta no Liceo Casino de Pontevedra a súa novela La niña ha regresado. Un encuentro que cambió el destino del mundo, unha obra que recrea episodios relacionados coa primeira viaxe de Colón e o descubrimento de América.
O autor estará acompañado por Pedro de Lorenzo. Tras a presentación, ofrecerá un recital con algunhas das súas composicións musicais.
A presentación celebrarase o 14 de novembro de 2026 ás 19:00h no Liceo Casino de Pontevedra. A entrada será libre para socios e non socios.
