Presentación de «Crónicas do espíritu e do unto» en Pontevedra

Este evento xa rematou. Descubre outros plans na axenda.

Presentación de «Crónicas do espíritu e do unto» en Pontevedra

Sobre este plan

O escritor e investigador Juan José Esperón presenta en Pontevedra o seu último traballo, Crónicas do espíritu e do unto. Secretario da asociación veciñal O Chedeiro de Cerponzóns e autor de diversas monografías sobre o patrimonio etnográfico desta parroquia pontevedresa, Esperón colabora tamén habitualmente con PontevedraViva.

Na presentación participará tamén Rafael Quintía, antropólogo, profesor e escritor galego, que acompañará o autor neste encontro dedicado á divulgación do patrimonio e da cultura popular de Cerponzóns.

O acto terá lugar o 18 de outubro de 2026, ás 18:00h, no Centro Social de Cerponzóns, Pontevedra.

Scroll ao inicio