Obradoiro de pantasmas e disfraces de ánimas
Dentro do programa da Noite dos Calacús 2026 celébrase un obradoiro de pantasmas e disfraces de ánimas para a Procesión das Ánimas ás 21.00 h. Fai connosco o traxe acaído para desfilar na Procesión das Ánimas cara ao Purgatorio máis arrepiante da cidade. Esperámosvos!
Nota: hai material para todas as persoas participantes, pero podedes traer a vosa propia saba ou tea branca para o disfrace de ánima.
Data: sábado 31 de outubro de 2026
Horario: 3 quendas, ás 17.30 h, ás 18.30 h e ás 19.30 h
Público: para familias con nenas e nenos a partir de 4 anos
Número de prazas por quenda: 14
É necesaria inscrición previa en anoitedoscalacus@gmail.com. Prazo de inscrición: a partir do luns 26 de outubro ás 17.00 h.
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
