Ilustración orixinal de enPontevedra para esta actividade. Obradoiro de colares de zonchos na Casa da Luz
Dentro do programa da Noite dos Calacús 2026, a Casa da Luz acolle un obradoiro de colares de zonchos. Elaboraremos colares de castañas cocidas, tradición senlleira desta época: cada castaña comida libera unha ánima do Purgatorio. Apuntádesvos a facelos e a lucilos?
Data: sábado 31 de outubro de 2026
Horario: 2 quendas, ás 17.30 h e ás 19.45 h
Idade: a partir de 6 anos, con persoa adulta
Número de prazas por quenda: 14
Lugar: Casa da Luz – Praza da Verdura (rúa Conde de San Román, 23)
É necesaria inscrición previa en anoitedoscalacus@gmail.com. Prazo de inscrición: a partir do luns 26 de outubro ás 17.00 h.
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
