O intestino é o epicentro da túa saúde: actividade da Escola de Saúde Pública de Pontevedra
A Escola de Saúde Pública de Pontevedra presenta unha nova actividade aberta á cidadanía sobre a importancia da saúde intestinal e a súa relación co benestar xeral. Baixo o título “O intestino é o epicentro da túa saúde”, a sesión estará impartida por ASSEII, Asociación Sociosanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomías e diríxese ao público xeral.
A proposta achegará coñecementos e ferramentas para comprender e coidar a saúde intestinal desde unha perspectiva próxima e accesible. A actividade forma parte da programación da Escola de Saúde Pública de Pontevedra, unha iniciativa do Concello de Pontevedra centrada na promoción de hábitos de vida saudables e nunha visión comunitaria da saúde.
A sesión terá lugar o 8 de outubro de 2026, de 19:00 a 20:00 horas, na Casa Azul (sala Vadecorvos), Pontevedra. A participación é gratuíta e de acceso libre ata completar a capacidade.
