GaleRock’N’Magic: espectáculo de maxia e música en Soutomaior
O ilusionista ourensán Mago Teto presenta GaleRock’N’Magic, un espectáculo de maxia, música en directo e humor que chega a Soutomaior, Pontevedra. A proposta ofrece ao público un percorrido pola historia do rock galego a través de trucos e ilusións.
Estreado en 2025, o espectáculo mestura o ilusionismo coa música galega e emprega a maxia como fío condutor dunha experiencia escénica dinámica e participativa. Ademais, esa mesma mañá, o Mago Teto impartirá un obradoiro máxico-musical no que as persoas asistentes poderán achegarse de maneira práctica ao mundo da maxia e da música.
A actuación celebrarase o 24 de outubro de 2026, ás 17:00 horas, na Praza de Talo Río, en Soutomaior, con entrada gratuíta. O obradoiro terá lugar ás 11:30 horas no Local Social Arcade.
