Home Axenda - enPontevedra Exposicións Fin de semana Diego Ameixeiras presenta «O derradeiro Gimlet» en Pontevedra
Diego Ameixeiras presenta «O derradeiro Gimlet» en Pontevedra

Diego Ameixeiras presenta «O derradeiro Gimlet» en Pontevedra

A Libraría Paz de Pontevedra acolle unha nova edición de Vermú entre libros coa participación do escritor e xornalista Diego Ameixeiras, que presentará a súa nova novela, O derradeiro Gimlet. No encontro conversará coa xornalista Teresa Cuíñas.

Durante a conversa, Ameixeiras abordará os contidos e as claves do seu novo libro. O autor, nacido en Lausana en 1976, escribe en La Voz de Galicia e conta cunha ampla traxectoria literaria, recoñecida con premios como o Xerais de Novela, o Premio Nacional da Crítica e o Premio Follas Novas. Tamén é autor dos cómics Os suicidantes e Oficio nocturno.

O encontro terá lugar o sábado 26 de setembro de 2026, ás 12:30 horas, na Libraría Paz, Pontevedra.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Libraría Paz
Rúa Peregrina 29, Pontevedra, 36003, Pontevedra

Cando

O 26 de Setembro ás 12:30

Scroll ao inicio