Concerto de ‘Lija y Terciopelo’ no Pub Bazaar de Pontevedra

Este evento xa rematou. Descubre outros plans na axenda.

Concierto de 'Lija y Terciopelo' en Pub Bazaar de Pontevedra

Sobre este plan

O Pub Bazaar de Pontevedra acollerá o esperado concerto de ‘Lija y Terciopelo’ o próximo 8 de xuño. Esta formación rende homenaxe a Marea, unha das bandas máis influentes do rock estatal, ofrecendo unha noite chea de rock, poesía rueira e emocións intensas.

‘Lija y Terciopelo‘ encargaráse de revivir os grandes clásicos de Marea coa enerxía, actitude e esencia que fixeron das súas cancións auténticos himnos para diversas xeracións. O público poderá gozar deste tributo único e vibrante, que promete ser inesquecible.

As portas do Pub Bazaar abriranse ás 23:45h, e o concerto comezará xusto antes da medianoite, ás 23:59h. A entrada ao evento será gratuíta até completar o aforo dispoñible.

Scroll ao inicio