Carlos Blanco presenta ‘A penúltima’ no Grove
O venres 13 de marzo, ás 20:30 horas, Carlos Blanco presentará o seu novo espectáculo titulado ‘A penúltima’ no Auditorio Municipal do Grove. Este monólogo conseguiu facer rir ao público alá onde se presentou, mantendo a súa exitosa fórmula: unha mestura de humor sobre a realidade do país que combina o stand-up e a improvisación.
