Espectáculo teatral ‘Molto barroco’ de Píscore Teatro no CEIP A Lama en Pontevedra
A Deputación de Pontevedra presenta este venres 12 de xuño na Lama unha nova edición do circuíto +Escénicas co espectáculo “Molto barroco”, a cargo da compañía Píscore Teatro. Esta representación, que terá lugar ás 11:30 horas no CEIP A Lama, ofrece un percorrido pola música barroca acompañado de escenas cómicas.
O espectáculo está ambientado nunha corte real europea de mediados do século XVIII. Neste escenario, atópanse o rei, a raíña, o bufón e un compositor que, xunto a tres dos seus músicos, esfórzanse por cumprir cos encargos musicais do monarca.
