Concerto de ‘Lija y Terciopelo’ no Pub Bazaar de Pontevedra
O Pub Bazaar de Pontevedra acollerá o esperado concerto de ‘Lija y Terciopelo’ o próximo 8 de xuño. Esta formación rende homenaxe a Marea, unha das bandas máis influentes do rock estatal, ofrecendo unha noite chea de rock, poesía rueira e emocións intensas.
‘Lija y Terciopelo‘ encargaráse de revivir os grandes clásicos de Marea coa enerxía, actitude e esencia que fixeron das súas cancións auténticos himnos para diversas xeracións. O público poderá gozar deste tributo único e vibrante, que promete ser inesquecible.
As portas do Pub Bazaar abriranse ás 23:45 horas, e o concerto comezará xusto antes da medianoite, ás 23:59 horas. A entrada ao evento será gratuíta até completar o aforo dispoñible.
