X Galicia Magic Fest en Vilagarcía de Arousa
O Galicia Magic Fest celebra a súa décima edición cunha gala internacional de ilusionismo no Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa. Baixo a dirección do ilusionista e produtor galego Pedro Volta, o festival reúne un elenco de elite para ofrecerlle ao público unha produción escénica chea de maxia e asombro.
Convertido nun dos festivais internacionais de ilusionismo máis extensos de Galicia e do noroeste da Península, o evento chega xa a trece cidades galegas. Ao longo dos seus dez anos de traxectoria participaron figuras como Eric Chien, Arnó, Lea Kyle, Yunke, Norbert Ferré, Tina Lenert, Miguel Muñoz, Tirgg Watson, Celia Muñoz, David Kaplan, Mano Han, Junwoo Park, Solange Kardynali, Arkadio, Filiberto Selvi, Henry Evans, Enric Magoo, Luis Olmedo, Juliana Chen, Anca e Lucca, Julius Frack e Mirko Callaci, entre moitas outras. As persoas participantes nesta edición anunciaranse proximamente.
A gala celebrarase o 9 de xaneiro de 2027, ás 20:30 h, no Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa, en Vilagarcía de Arousa.
