Visita guiada ao Cemiterio de San Amaro: «A Pontevedra do alén» (público adulto)
Ao fío do programa da Noite dos Calacús 2026, o Concello de Pontevedra propón unha visita guiada ao Cemiterio de San Amaro baixo o título «A Pontevedra do alén», nesta ocasión cun roteiro lúdico pensado para o público adulto.
O percorrido permite coñecer in situ a historia do camposanto pontevedrés e das persoas que nel descansan.
A visita enmárcase nas actividades previas da Noite dos Calacús 2026, que se celebra na cidade do 23 de outubro ao 1 de novembro.
