The Ex, Clo Plas e Võ Chí Cong Ensemble na Casa Verde de Salcedo, Pontevedra
A Casa Verde de Salcedo (Pontevedra) acolle o sábado 28 de novembro de 2026, ás 19:30, o concerto de The Ex organizado por Liceo Mutante. A banda holandesa non veñen sós: acompáñanas dúas bandas galegas, Clo Plas e Võ Chí Cong Ensemble.
THE EX. Dende o post punk das okupas de Ámsterdam ata os bares de Addis Abeba, a viaxe de The Ex é unha historia de independencia, autoxestión e compromiso con máis de 2.000 concertos ao lombo. Polo camiño atoparon colaboradores de orixes diversas como Tom Cora, Sonic Youth, Han Bennink, Ken Vandermark, Fugazi, Xavier Charles, Shellac ou Mats Gustafsson, destacando o seu intercambio musical con Etiopía e o encontro co lendario saxofonista Getatchew Mekuria. Fieis ao seu lema: «Adiante en todas as direccións!».
CLO PLAS. Proxecto de Xiana Arias xunto ao artista sonoro Berio Molina, nacido da exploración da oralidade da montaña, cun resultado «tenro e radical» que atravesa os seus dous traballos: Bafi e Placa.
VÕ CHÍ CONG ENSEMBLE. Quinteto cuxa música se move entre a libre improvisación, o ruidismo e unha aproximación antiacadémica a certo jazz.
As entradas (12-18 €) véndense en liceomutante.bigcartel.com, a escolla do donativo; a recadación vai íntegramente destinada ás artistas. As persoas menores de idade pagan 0,01 € simbólicos. Non se envían entradas dixitais: o nome empregado na compra confírmase na porta.
Cartaz: Berto Fojo (@bertofojo). Fonte: Instagram de @liceomutante (30/10/2026).
