Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Teatro Territorios literarios: Arantza Portabales en Marín
Territorios literarios: Arantza Portabales en Marín

Territorios literarios: Arantza Portabales en Marín

O Auditorio municipal de Marín será o escenario de “Territorios literarios: Marín nas novelas de Arantza Portabales”, un evento que contará coa presenza da autora xunto á actriz Mayka Braña. A cita está programada para o venres 29 de maio ás 20:00 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Este evento forma parte do programa Mulleres de Palabra(s) do Ateneo pola Igualdade. Durante a xornada, Portabales presentará a súa nova novela, Asasinato no muíño do cura, a segunda entrega da triloxía Os crimes de Loeiro. Nesta obra, os espazos reais do concello de Marín e de Galicia teñen un papel destacado, reflectindo a conexión da autora co territorio.

Con unha lexión de lectores tanto en Galicia como fóra dela, Portabales logra destacar o territorio pontevedrés e galego a través da súa narrativa, onde as mulleres adoitan ser as grandes protagonistas. Neste encontro especial de Mulleres de Palabra(s), que se celebrará no novo auditorio municipal de Marín, as protagonistas das novelas de Portabales cobrarán voz e vida en directo.

Cando

O 29 de Maio ás 20:00

Scroll ao inicio