Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Teatro Teatro: “Bernarda. Vilalba 1975”, en Moraña
Teatro: "Bernarda. Vilalba 1975", en Moraña

Teatro: “Bernarda. Vilalba 1975”, en Moraña

O vindeiro domingo 8 de marzo, a Deputación de Pontevedra presenta o circuíto +Escénicas no concello de Moraña, co espectáculo “Bernarda. Vilalba 1975” a cargo da compañía de teatro Malasombra. A función terá lugar no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas.

Situada no ano 1975 nun pequeno pobo galego, a trama céntrase en Bernarda, que se queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Con ela viven dúas fillas novas e xemelgas, ás que impón un rigoroso luto. Durante dous anos, as mozas non poderán ver televisión, escoitar a radio nin ler revistas. As súas saídas limitaranse á igrexa, á tenda ou ao cemiterio, e as contraventás permanecerán pechadas todo o tempo. Mentres tanto, a sociedade en transición comeza a transformarse fóra do seu fogar, pero Bernarda loita por manter eses cambios afastados da súa vida. Esta obra, escrita por Jose Prieto, inspírase en A Casa de Bernarda Alba e aborda o conflito entre dúas xeracións de mulleres galegas durante a transición española. “Bernarda. Vilalba 1975” foi aclamada e galardoada co Premio María Casases 2020 ao mellor espectáculo.

Cando

O 8 de Marzo ás 20:00

Scroll ao inicio