Somos Música: verbena de Panorama City en Pontevedra
Somos Música presenta a verbena de Panorama City, un dos espectáculos paralelos ás probas deportivas da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. A actuación ofrecerá no Recinto Feiral de Pontevedra unha combinación de música en directo e espectáculo visual para despedir a Gran Final.
O espectáculo de Panorama City aposta por un formato moderno e vangardista, cunha produción dinámica e sofisticada adaptada aos gustos actuais. A proposta fusiona a tradición da música de verbena e dos festivais coas últimas tendencias en entretemento e produción musical, nunha experiencia descrita polos seus creadores como “brutal” e “sorprendente”.
A verbena celebrarase o 27 de setembro de 2026, ás 22:00 horas, no Recinto Feiral de Pontevedra.
