Salón do Libro de Pontevedra
O venres 13 de marzo levarase a cabo unha completa programación cultural diseñada para todos os públicos no marco do Salón do Libro de Pontevedra. A xornada comezará ás 17:00 horas cunha visita guiada á exposición Cousas dos libros, dirixida por Manuel Lourenzo na Sala de Exposicións. É necesario realizar unha reserva anticipada a través de salondolibro.gal.
A ás 17:15 horas, no mesmo espazo, terá lugar A hora do conto: Canta sopa!, unha actividade para rapaces a partir de 5 anos, tamén con reserva previa. Ás 17:30 horas, desenvolveranse tres actividades simultáneas: o roteiro urbano Trala pista de Manuel Quiroga, organizado por Leucoíña pasea, dirixido a participantes a partir de 6 anos con inscrición en paseapontevedra@gmail.com; na Cova dos Libros Fantásticos, Caxoto presentará Contos e música para bebés: O berce das verbas, unha sesión para crianzas de 0 a 3 anos, que requirirá reserva anticipada; e, por último, ás 18:00 horas, no Recinto Feiral, celebrarase a sesión de contos e música Unha nena chamada Palestina, a cargo de Antón Ke e Tania Solla, dirixida ao público familiar, con acceso libre ata completar aforo.
A partir das 19:00 horas, ofreceranse dúas propostas: no Recinto Feiral, o MUVI impartirá o taller de videoxogos Creando en mundos dixitais, destinado a participantes a partir de 7 anos, tamén con acceso libre ata completar aforo; simultaneamente, no Auditorio, terá lugar o concerto de música clásica Pedro e o lobo, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra en colaboración co Ballet de Galicia, dirixido ao público familiar e con entrada gratuíta ata completar aforo. A xornada finalizará ás 19:30 horas cun taller de baile tradicional impartido por Montse Rivera en O Mercado, destinado ao público adulto e organizado en colaboración con A Pedreira. As persoas interesadas poden inscribirse en apedreira@riseup.net. Ao remate da actividade, realizarase unha foliada.
