Relatorio sobre diagnóstico en saúde xinecolóxica en Pontevedra
O ciclo Unha ponte cara ao benestar feminino: cancro xinecolóxico e saúde do chan pélvico regresa a Pontevedra cun relatorio-debate sobre o diagnóstico en saúde xinecolóxica, a cargo da psicóloga Vanesa Parada. A sesión ofrecerá información e orientación para comprender que se pode esperar dun diagnóstico e como interpretalo.
A actividade forma parte dunha proposta informativa e formativa promovida pola Concellería de Benestar Social xunto con Adicam, asociación de persoas afectadas por cancro de mama e xinecolóxico. O ciclo aborda a saúde, a ciencia, a medicina e os coidados desde un enfoque multidisciplinar e con perspectiva de xénero, incluíndo cuestións relacionadas coa prevención, os primeiros síntomas, as probas diagnósticas, os tratamentos e as súas posibles secuelas.
O relatorio celebrarase o martes 8 de setembro de 2026, ás 18:00 horas, no Edificio da Xunta en Pontevedra. A entrada é de balde, con prazas limitadas e inscrición previa a través de adicam@adicam.net ou do teléfono 629 945 925. A actividade está dirixida ao público xeral.
