Proxección do filme ‘French Cancan’ de Jean Renoir en Pontevedra
Novos Cinemas, en colaboración coa Fundación Moldes, presenta o filme French Cancan (Francia, 1954), dirixido por Jean Renoir. Este evento forma parte da programación asociada á exposición Bicos de Cine e intégrase na sección Fóra de Campo do festival, unha iniciativa que busca estender a experiencia cinematográfica máis alá das datas habituais do certame.
Considerada unha das obras máis destacadas de Renoir, French Cancan ofrece un vívido retrato da Belle Époque e do universo impresionista. A posta en escena caracterízase polo seu colorido, dinamismo e carga emocional. A narrativa combina espectáculo e intimidade, abordando temas universais como a paixón, a sensualidade, o amor e o desamor, o arte escénico e o inevitable paso do tempo. Esta obra reflicte fielmente o espírito do seu autor e segue a dialogar co presente a través da súa riqueza estética e vitalista.
A sesión estará presentada por Suso Novás, director artístico de Novos Cinemas. A proxección terá lugar o sábado 18 de abril ás 18:30 horas na sede da Fundación Moldes (Rúa de Benito Corbal, 47, acceso por Rúa de Javier Puig 3). A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
