Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Xornadas e Conferencias Proxección de ‘Paquita Salas’ e concurso de disfraces na Facultade de Comunicación de Pontevedra
Proyección de ‘Paquita Salas’ en Pontevedra

Proxección de ‘Paquita Salas’ e concurso de disfraces na Facultade de Comunicación de Pontevedra

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, en Pontevedra, acolle unha das actividades previas dos Premios Feroz 2027 dentro do ciclo Maratón de series Feroz. Nesta cita, o público poderá asistir a unha proxección festiva da primeira tempada de Paquita Salas, a serie coa que Javier Ambrossi e Javier Calvo (Os Javis) iniciaron o seu fenómeno televisivo, protagonizada por Brays Efe, Belén Cuesta e Lidia San José.

O pase, aplazado desde o 17 de outubro, converterase nunha sesión de celebración: estará precedido por un espectáculo de animación no que se corearán algunhas das frases máis célebres da serie e celebrarase un concurso de disfraces entre o público que acuda caracterizado como Paquita, Magüi ou calquera outro personaxe da ficción. Proxectaranse os cinco primeiros capítulos da primeira tempada (115 minutos).

A proxección terá lugar o venres 30 de outubro de 2026 ás 18:00 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no Campus Universitario da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra, sede destas sesións mentres continúan as obras de remodelación do Teatro Principal.

Entradas de balde

A entrada é de balde con capacidade limitada. As localidades pódense retirar na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes da sesión e ata completar a capacidade, cun máximo de dúas entradas por persoa.

Para quen non poida achegarse á oficina de Turismo, o Concello ofrece un formulario de inscrición en apuntate.pontevedra.gal.

Maratón de series Feroz — outubro / octubre 2026 — Pontevedra

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Facultade de Ciencias da Comunicación
P.º Xunqueira n 36005, Pontevedra

Cando

O 30 de Outubro ás 18:00

Scroll ao inicio