Procesión das Ánimas polo centro histórico de Pontevedra
Ás 21.00 h do sábado 31 de outubro, a Procesión das Ánimas percorre o centro histórico de Pontevedra, con saída da Casa da Luz (praza da Verdura).
Fronte ás tradicións anglosaxoas, recuperamos os ritos galegos da época de Defuntos. A Procesión das Ánimas, hoxe coñecida como Santa Compaña, recibía nomes como Compaña, Estantiga, Enxamio, Estadea, Roldiña ou Antaruxada. Unha procesión silandeira que auguraba a morte e que agochaba o perigo de facer que quen se cruzase con ela acabase encabezando o desfile de defuntos. Recuperámola para gozar do lecer en comunidade e para arredar o medio á morte.
Anímaste a participar na Procesión das Ánimas!! Ven con sabas, camisóns, roupa branca ou disfrace de pantasma e decora rúas, balcóns, fiestras, portas e escaparates con cabazas, candeas, castañas, ánimas, teas de araña, esqueletos, corvos, curuxas, mouchos…
Percorrido: Casa da Luz, praza da Verdura, rúa Sarmiento, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza do Teucro, volta pola rúa Real, Travesía das Ánimas, rúa Don Gonzalo, praza de Curros Enríquez, rúa Soportais, praza da Ferrería, rúa Conde de San Román e volta á praza da Verdura e á Casa da Luz.
Coa participación de Adarve e Teatro con lingua.
*Durante a procesión reducirase a iluminación das rúas e a música de ultratumba acompañará ás ánimas. Trae a túa propia candea!
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
