Presentación dos Viveiros Formativos «Feito co Mar» en Marín

Sobre este plan
O GALP Ría de Pontevedra presenta en Marín os Viveiros Formativos de Emprendemento Feito co Mar, unha iniciativa dirixida ás persoas interesadas en formarse e emprender no ámbito da transformación dos produtos pesqueiros e marisqueiros.
A xornada informativa dará a coñecer as posibilidades de formación e emprendemento vinculadas ao sector do mar, así como os contidos destes viveiros formativos.
A presentación terá lugar o 19 de novembro de 2026, ás 11:00h, no Parque Azul de Marín.
