Presentación do libro ‘Un anaco de mazá seca’ de Begoña Feijóo en Pontevedra
A escritora Begoña Feijóo presentará o seu libro Un anaco de mazá seca, publicado por Editorial Rinoceronte. O evento terá lugar o vindeiro mércores 6 de maio ás 19:00 horas na Libraría Paz de Pontevedra. A autora estará acompañada pola xornalista María Varela.
Begoña Feijóo, que reside en Suíza dende os 12 anos, presenta a súa primeira obra traducida ao galego. A novela aborda a historia de moitos nenos suízos, entre as décadas de 1940 e 1980, que foron vítimas de “medidas coercitivas con fins asistenciais”. A protagonista, Lidia Scettrini, é unha nena separada da súa nai tras ser acusada de roubar un anaco de mazá seca na escola.
Natural de Vilanova de Arousa e licenciada en Bioloxía, Begoña Feijóo traballou no campo da entomoloxía antes de dedicarse ao teatro e á escrita en italiano. Entre as súas obras atópanse Abigail Dupont (2016), Maraya (2017), Per una fetta di mela secca (2020) e Come onde di passaggio (2025).
