Presentación do libro de Ramón Rozas sobre o Ateneo de Pontevedra

Sobre este plan
O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso, a cargo do xornalista cultural Ramón Rozas. A actividade forma parte do ciclo Seis décadas do noso Ateneo e ofrece un percorrido pola historia desta entidade cultural.
Ramón Rozas, xornalista cultural de Diario de Pontevedra e secretario do Ateneo, repasa as seis décadas de vida do Ateneo de Pontevedra desde a constitución da súa primeira xunta directiva, o 18 de novembro de 1966. O acto servirá tamén para presentar o seu libro, de próxima publicación, que levará o mesmo título ca o relatorio.
A actividade terá lugar o 18 de novembro de 2026 ás 20:00h no Arquivo Provincial de Pontevedra. A entrada é libre ata completar a capacidade.
