Presentación do documental «Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe» en Marín
Marín acolle a presentación do documental Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe, unha obra dedicada á vida, ao pensamento e á defensa da paisaxe do escritor e catedrático galego. No acto participarán Xosé Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo, e María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo e directora do documental.
A película percorre a traxectoria de Don Ramón desde a súa infancia en Trasalba ata as súas viaxes por Galicia, incluída a súa depuración como catedrático durante o franquismo. A través de recreacións cinematográficas e entrevistas a destacados especialistas, reivindica a modernidade do seu pensamento e a súa defensa da paisaxe como expresión da identidade galega. O documental, realizado no Ano Oteriano 2026, céntrase especialmente na súa Guía de Galicia, no centenario da súa publicación.
A presentación terá lugar o 28 de outubro de 2026, ás 19:30 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín.
