Presentación de «Nixx» na Libraría Paz de Pontevedra

Sobre este plan
Retranca Editora presenta Nixx, unha obra protagonizada por unha demo nova que quere conquistar o mundo. No acto participarán os seus autores, Iago Fernández e Damián Gómez, acompañados polo editor Kiko da Silva.
O cómic, de 94 páxinas a toda cor, narra con humor as aventuras desta demo nova e os seus intentos por acadar o seu ambicioso obxectivo.
A presentación terá lugar o venres 20 de novembro de 2026, ás 19:00h, na Libraría Paz de Pontevedra.


