Presentación de ‘Buscando a Dalia’ en Cambados
A Sala Pitusa Cabanillas, en Cambados, acolle o martes 29 de setembro de 2026, ás 20.00 horas, a presentación de Buscando a Dalia, a nova novela de Miguel Anxo Fernández e oitava entrega da saga protagonizada por Frank Soutelo. No acto acompañarán o autor Isabel Blanco, Yayo Daporta e Liso González.
Nesta entrega, a acción sitúase principalmente no Carballiño. A desaparición da investigadora Dalia Maxino, mentres traballa nun caso vencellado a un cadáver de aparencia ritual, pon de novo en marcha a investigación de Soutelo, que contará coa axuda de Franeiras e Poncio. A novela incorpora a aparición dun segundo cadáver, a sospeita de novas desaparicións e unha trama marcada pola intolerancia social, os intereses inmobiliarios e o comercio clandestino de moedas históricas.
Buscando a Dalia chega ademais nas portas dunha data simbólica para o personaxe, xa que en 2027 cumpriranse vinte e cinco anos de Un nicho para Marilyn, a novela coa que Frank Soutelo iniciou o seu percorrido literario. Ao longo de oito entregas, Miguel Anxo Fernández consolidou un detective atravesado pola galeguidade, a retranca e unha mirada crítica sobre o presente.
