Home Axenda - enPontevedra Cultura Fin de semana Hadrián Jamardo presenta «Ladrillito» en Pontevedra
Hadrián Jamardo presenta «Ladrillito» en Pontevedra

Hadrián Jamardo presenta «Ladrillito» en Pontevedra

O autor de banda deseñada Hadrián Jamardo presenta o seu libro «Ladrillito», publicado por Desfiladero Ediciones, na Libraría Paz de Pontevedra. No encontro estará acompañado por Kiko da Silva.

A obra recibiu o Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna 2025. Durante a presentación tamén se dará a coñecer a traxectoria de Jamardo, autor nacido en Caldas de Reis en 1997, graduado en Cómic e Ilustración na escola O Garaxe Hermético e participante en proxectos como Boa Onda 2 e na antoloxía Vinyetari 6.

A presentación terá lugar o venres 2 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, na Libraría Paz, Pontevedra. A entrada é de balde.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Libraría Paz
Rúa Peregrina 29, Pontevedra, 36003, Pontevedra

Cando

O 2 de Outubro ás 19:00

Scroll ao inicio