Postos de maquillaxe para a Procesión das Ánimas na Casa da Luz
Dentro do programa da Noite dos Calacús 2026, a Casa da Luz acolle postos de maquillaxe para a Procesión das Ánimas. Dálle o toque final e máis arrepiante ao teu disfrace para desfilar na Procesión das Ánimas.
Data: sábado 31 de outubro de 2026
Horario: 2 postos de pintacaras dispoñibles de 17.30 h a 20.00 h
Público: para todos os públicos (menores sempre acompañados dunha persoa adulta)
Lugar: Casa da Luz – Praza da Verdura (rúa Conde de San Román, 23)
Sen inscrición previa, por orde de chegada.
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
