Home Axenda - enPontevedra Exposicións Fin de semana PonteAndada: andaina por Verducido en Pontevedra
PonteAndada: ruta de senderismo por Verducido en Pontevedra

PonteAndada: andaina por Verducido en Pontevedra

Naturgaliza, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza PonteAndadas 2026, un programa de oito rutas circulares que combinan saúde, patrimonio e sustentabilidade. A próxima camiñada percorrerá Verducido o domingo 8 de novembro de 2026, con saída desde Santa María de Alba, Pontevedra.

A cita será ás 9:30 horas, cunha sesión previa de quecemento con zumba. A ruta comezará ás 10:00 horas, terá unha dificultade media-baixa e unha duración aproximada de tres horas e media. A actividade tamén promove o coidado do medio ambiente mediante a práctica de plogging: entregaranse luvas e bolsas para recoller plásticos e residuos durante o percorrido.

A inscrición debe realizarse antes do xoves previo á ruta. A cota é de 2 euros, que se poden aboar mediante Bizum ou transferencia bancaria a Abanca. As inscricións poden formalizarse a través do correo ponteandadas@gmail.com, do teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda Naturcamiña, nas Galerías Peregrina. A organización inclúe coche escoba, avituallamento, seguro, atención sanitaria e quecemento previo.

Onde

Praza de Santa María
Avenida Santa María, Pontevedra

Cando

O 8 de Novembro ás 09:30

Scroll ao inicio