Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Gastronomía Pan de Ánimas na Noite dos Calacús 2026 en Pontevedra
Ilustración de Pan de Ánimas na Noite dos Calacús 2026 en Pontevedra · PontevedraIlustración orixinal de enPontevedra para esta actividade.

Pan de Ánimas na Noite dos Calacús 2026 en Pontevedra

Antigamente, na noite de Defuntos, deixábanse anacos de pan na mesa para as ánimas, que o levaban na súa viaxe cara ao alén. O Concello de Pontevedra quere recuperar este costume, hoxe a piques de desaparecer, dentro do programa da Noite dos Calacús 2026.

Proba a receita especial de Pan de Ánimas nestes establecementos:

  • Acuña: rúa Andrés Muruais, 9; rúa Michelena, 32; rúa Benito Corbal, 1
  • Amásame Bakery Lab: praza dos Maios, 6 (rúa Eduardo Pondal)
  • A Devesa: rúa Marqués de Riestra, 38; rúa Loureiro Crespo, 4; rúa Italia, 35; rúa Benito Corbal, 14; rúa Xoán Bautista Andrade, 4 (esquina coa rúa Luis Otero)
  • Xeve: rúa Peregrina, 22; rúa Benito Corbal, 54; rúa Echegaray, 41; rúa Rosalía de Castro, 12
  • Panadería Pastelería Conchi: rúa San Antoniño, 1
  • Confitería Solla: rúa Michelena, 7
  • Millo Obrador: rúa Marqués de Riestra, 30
  • Entremigas: rúa Antón Fraguas, 13
  • Anxemí: rúa Eduardo Pondal, 38; rúa Rosalía de Castro, 48
  • Pontepan: rúa Rosalía de Castro, 37; rúa Uxío Novoneira, 6; avenida de Lugo, 4; avenida de María Victoria Moreno, 41

Datas: do 26 de outubro ao 1 de novembro de 2026.

Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 26 de Outubro ás 00:01

Scroll ao inicio