Obradoiro de tallado de calacús na praza da Ferrería
Dentro do programa da Noite dos Calacús 2026, os soportais da praza da Ferrería acollen un obradoiro de tallado de calacús. Aínda non tedes calacú? Tallade a vosa cabaza connosco para alumear a noite e acompañar ás ánimas. Seguro que tedes ideas terrorificamente creativas!
Data: sábado 31 de outubro de 2026
Horario: de 18.00 h a 21.00 h
Público: para todos os públicos
Lugar: soportais da praza da Ferrería
Sen inscrición previa, por orde de chegada.
Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
