Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Talleres Obradoiro de colares de zonchos na Casa da Luz
Ilustración de Obradoiro de colares de zonchos na Casa da Luz · PontevedraIlustración orixinal de enPontevedra para esta actividade.

Obradoiro de colares de zonchos na Casa da Luz

Dentro do programa da Noite dos Calacús 2026, a Casa da Luz acolle un obradoiro de colares de zonchos. Elaboraremos colares de castañas cocidas, tradición senlleira desta época: cada castaña comida libera unha ánima do Purgatorio. Apuntádesvos a facelos e a lucilos?

Data: sábado 31 de outubro de 2026
Horario: 2 quendas, ás 17.30 h e ás 19.45 h
Idade: a partir de 6 anos, con persoa adulta
Número de prazas por quenda: 14
Lugar: Casa da Luz – Praza da Verdura (rúa Conde de San Román, 23)

É necesaria inscrición previa en anoitedoscalacus@gmail.com. Prazo de inscrición: a partir do luns 26 de outubro ás 17.00 h.

Actividade incluída no programa da Noite dos Calacús 2026 do Concello de Pontevedra (do 23 de outubro ao 1 de novembro).

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Casa da Luz
Rúa Conde de San Román, Pontevedra, 36002, Pontevedra

Cando

O 31 de Outubro ás 17:30

Scroll ao inicio