Núbebes: festival de artes escénicas para bebés e familias en Pontevedra
Núbebes é un festival de artes escénicas para bebés e familias que reunirá teatro, música e contos en diversos espazos do Pazo da Cultura de Pontevedra durante unha intensa programación do 2 ao 4 de outubro de 2026. A actividade comezará o 2 de outubro ás 18:00 horas.
A programación contará con compañías e contadoras galegas como Catro Cores, Lydia Botana, Ángeles Goás, A Covas das Letras, Malasombra Producións, Pablo Díaz e Vero Rilo. O festival tamén contará coa presenza de Roque, a súa mascota, e coa tradicional guerra de almofadas.
As actividades de pago teñen un prezo de 3 € por persoa e están dispoñibles en Ataquilla.com. As propostas de balde poderán retirar os seus convites o mesmo día de cada función, desde unha hora antes do comezo, na billeteira do Pazo da Cultura, cun máximo de catro convites por persoa. Todas as persoas precisan entrada, independentemente da súa idade.
