Momento Calma Conversas no Espazo Cinco Urracas, Pontevedra
O sábado 21 de novembro de 2026, Pontevedra acolle Momento Calma Conversas, un encontro en formato reducido para falar da perimenopausa e a menopausa sen tabús.
A xornada terá lugar no Espazo Cinco Urracas, nos soportais da Ferraría, das 10:30h ás 13:30h, e rematará cun encontro informal arredor dun café, pensado para favorecer a conexión e o intercambio de experiencias entre mulleres e profesionais.
A participación é gratuíta e limitada a 50 prazas, con inscrición previa a través da web momentocalma.es. Organizan Javier Varela Marketing e Numa, co patrocinio do Concello de Pontevedra.
