MERAKI 008 na Verbena Club, Pontevedra
O xoves 19 de novembro, de 18:30h a 23:30h, a Verbena Club de Pontevedra acolle unha nova edición de MERAKI (MERAKI 008): sesións DJ, showcases en directo, mercadillo, customs de roupa e gemas dentais.
Na cabina estarán elegnelo, mall3n e yaaiizaa.loopeez, cos showcases de hotmoroco e 4caro0. Acompañan catro proxectos: braba.b.b (xoias), rio.hace.cosas (customs de roupa en directo e venda das súas creacións), t_o_x_o_ (selección de roupa) e glam.studio.pontevedraa (gemas dentais).
E para quen queira alongar a noite, despois after en Cherry Club con tekilas__ e elegnelo.
