Home Axenda - enPontevedra Fin de semana Gastronomía Magosto na Praza da Ferraría de Pontevedra
Cartel do magosto da Praza da Ferraría de Pontevedra do 6 de novembro de 2026. Imaxe: Concello de Pontevedra / Zoom Pontevedra

Magosto na Praza da Ferraría de Pontevedra

A Praza da Ferraría de Pontevedra acolle este venres 6 de novembro de 2026, a partir das 19:00 horas, un gran magosto coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Durante a xornada distribuiranse arredor dunha tonelada de castañas, que se asarán na propia praza e se repartirán de xeito totalmente gratuíto entre veciños e visitantes.

A festa contará cos concertos de Maravallada e Os Viqueiras e cos pasarrúas dos Gaiteiros das Rías Baixas e Foula.

Ademais, o Concello colaborará durante todo o mes de novembro con diversas asociacións para levar os magostos aos barrios de Eduardo Pondal, Altamira, A Pedreira, O Burgo e o centro da cidade.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Praza da Ferrería
Praza da Ferraría, Pontevedra

Cando

O 6 de Novembro ás 19:00

Scroll ao inicio