Ler en Pontevedra: encontros literarios con autores e roteiros pola cidade
Ler en Pontevedra é un ciclo de encontros lectores en Pontevedra que propón falar de libros, celebrar a lectura e compartir obras vencelladas á cidade. A iniciativa reúne cada mes lectores e lectoras en distintos espazos pontevedreses para comentar títulos de autores e autoras de Pontevedra ou lecturas que teñen a cidade como escenario.
A primeira cita será o martes 27 de outubro de 2026, ás 19.00 h, cun roteiro literario arredor de Seis poemas galegos e outras lecturas galegas de Federico García Lorca. A saída será desde a Praza da Estrela. Publicado en 1935, Seis poemas galegos é o único libro que Lorca escribiu nunha lingua distinta do castelán, e no encontro lembraranse tamén as dúas visitas que o poeta fixo á cidade.
Para participar é preciso ler a obra seleccionada e inscribirse a través do formulario de apuntate.pontevedra.gal. O ciclo incluirá ademais outros encontros con autoras e autores, como a cita con Iria Morgade Valcárcel arredor de Quen escribirá a miña historia? e o encontro con Xosé Monteagudo sobre Vémonos mañá.
