INCODE Fest 2026 na Alameda de Pontevedra
INCOde Fest desvela o cartel da súa terceira edición, que volverá encher a Alameda de Pontevedra de música en directo e actividades culturais durante os días 29 e 30 de maio.
O festival contará con artistas e bandas como Mercedes Peón, Pablo & Los Ciervos Dorados, Shooting Daggers, Jade 4, Unamoto, FAUL, Rager, Ana Fernández, Mónica de Nut ou Déixaas, nunha programación que mestura diferentes estilos e propostas dentro da escena alternativa e emerxente.
Ademais dos concertos, INCODE Fest incluirá unha mostra de escolas, obradoiros e outras actividades paralelas pensadas para completar a experiencia e converter o festival nun espazo aberto e participativo para todos os públicos.
Con entrada gratuíta, o evento consolídase como unha das citas culturais e musicais máis singulares da primavera en Pontevedra.
