Homenaxe a Víctor Jara en Vilagarcía de Arousa
O sábado 12 de setembro de 2026, o Salón García de Vilagarcía de Arousa acollerá unha homenaxe ao cantautor chileno Víctor Jara, coa participación de músicos, poetas e artistas vilagarciáns e chilenos.
A cantante e actriz Carmen Prieto e o guitarrista Tito Cerda representarán Chile neste encontro artístico. O programa contará tamén coa intervención do cantautor Xosé Duarte e de poetas, nunha proposta que reúne música e palabra para lembrar a figura e a obra de Víctor Jara.
A homenaxe comezará ás 19:00 horas no Salón García, situado na Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa.
