Home Axenda - enPontevedra Xornadas e Conferencias Gaza, un xenocidio televisado: relatorio de Mohamed Safa en Pontevedra

Gaza, un xenocidio televisado: relatorio de Mohamed Safa en Pontevedra

O mércores 4 de novembro de 2026, o Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio Gaza, un xenocidio televisado, a cargo do médico Mohamed Safa.

Co título do seu libro máis recente (deste 2026, con edición tanto en galego coma en castelán), o relatorio centrarao Safa na devastación de Gaza, na súa transmisión en directo e nas responsabilidades políticas, xurídicas e morais da comunidade internacional ante esta traxedia.

O acto terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal), en Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade.

Mohamed Safa naceu en Cisxordania e é médico oftalmólogo. Con anterioridade publicou os ensaios Palestina: grito por la libertad (2003), La revolución árabe: democracia, nacionalismo y religión (2017) e La segunda Nakba: el proceso de paz (2021).

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Onde

Edificio Administrativo Xunta Galicia Benito Corbal
Rúa de Benito Corbal 47, Pontevedra, 36001, Pontevedra

Cando

O 4 de Novembro ás 19:00

Scroll ao inicio