Festival Revenidas 2026 en Vilaxoán
O Festival Revenidas 2026 celébrase no Porto de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, cunha proposta que combina gastronomía, circo, actividades para toda a familia e concertos de punk, ska e música tradicional galega. A xornada do venres 11 de setembro comezará ás 18:00 h.
O programa do venres inclúe as actuacións de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra. Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta. O sábado 12 actuarán La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas de Cassandra, The Rapanst, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa de Orella e A Duendeneta.
O festival pecharase o domingo 13 de setembro coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.
