Home Axenda - enPontevedra Infantil Festival Revenidas 2026 en Vilaxoán
Festival Revenidas 2026 en Vilaxoán

Festival Revenidas 2026 en Vilaxoán

O Festival Revenidas 2026 celebrarase no Porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, cunha programación que combina gastronomía, circo, actividades para toda a familia e concertos de punk, ska, música tradicional galega e outros xéneros. O festival comezará o xoves 10 de setembro e ofrecerá propostas para públicos diversos.

A primeira xornada contará con Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya Dj e A Duendeneta. O venres 11 actuarán Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra. Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta. O sábado 12 será a quenda de La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas de Cassandra, The Rapanst, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa de Orella e A Duendeneta.

O domingo 13 de setembro, o Revenidas pechará coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia. A programación comezará ás 18:00 horas do xoves 10 no Porto de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.

Os plans, no teu correo cada xoves

Recibe a selección da fin de semana de enPontevedra.

Política de privacidad

Cando

O 10 de Setembro ás 18:00

Scroll ao inicio